O Consorcio das Mariñas súmase aos actos que hoxe se celebran en todo o mundo para manifestar o seu NON! á violencia de xénero. Hoxe, 25 de novembro, presentaron este vídeo dentro da campaña UNHA SOA VOZ CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
2 comentarios:
marina
dijo...
Como ven sendo habitual duns cursos a esta parte o alumnado de 2º da ESO do IES de Viós participa nun Obradoiro de Igualdade, que ten a súa última sesión o día 25 de novembro, o “Día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres”.
Unha sesión á que acode a Concelleira e técnicas dos Servizos Sociais do Concello de Abegondo e onde as alumnas e alumnos do centro presentan os traballos desenvolvidos durante o obradoiro, as súas reflexións persoais sobre o tema, e tentan responder á pregunta: Por que se somos iguais hai diferenzas?
Desde o instituto seguiremos a traballar neste eido, coa esperanza de que no futuro o 25 de novembro sexa un día máis no calendario.
“Non te rindas, por favor, non cedas aínda que o frío queime aínda que o medo morda aínda que o sol se poña e cale o vento aínda hai lume na túa alma aínda hai vida nos teus soños porque non estás soa, porque eu te quero”
2 comentarios:
Como ven sendo habitual duns cursos a esta parte o alumnado de 2º da ESO do IES de Viós participa nun Obradoiro de Igualdade, que ten a súa última sesión o día 25 de novembro, o “Día Internacional para a Eliminación da violencia contra as Mulleres”.
Unha sesión á que acode a Concelleira e técnicas dos Servizos Sociais do Concello de Abegondo e onde as alumnas e alumnos do centro presentan os traballos desenvolvidos durante o obradoiro, as súas reflexións persoais sobre o tema, e tentan responder á pregunta: Por que se somos iguais hai diferenzas?
Desde o instituto seguiremos a traballar neste eido, coa esperanza de que no futuro o 25 de novembro sexa un día máis no calendario.
“Non te rindas, por favor, non cedas
aínda que o frío queime
aínda que o medo morda
aínda que o sol se poña e cale o vento
aínda hai lume na túa alma
aínda hai vida nos teus soños
porque non estás soa,
porque eu te quero”
“Non te rindas” de Mario Benedetti
Publicar un comentario