Catálogo “Regalemos Galego 2009”
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral (A Coruña) publica por segundo ano un catálogo de agasallos de Nadal en galego.
Parécenos unha estupenda iniciativa pois, aínda que pareza mentira, o galego non está nin moito menos normalizado nos espazos de ocio, na música, nos programas informáticos ou nas redes sociais nas que se move a mocidade galega.
É moi difícil atopar xoguetes, bonecas, consolas...nos que o galego estea presente; noutros é máis doado: libros, música, roupa...pero estes produtos carecen da publicidade necesaria por parte das superficies comerciais e teñen, polo tanto,pouca visibilidade social.
Asi que, é de agradecer o traballo feito no CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral.
Podes consultalo pinchando aquí.

1 comentario:
Este blog é moi interesante. O que máis nos gusta son os contos de medo, sobretodo, "O conto da miña bisavoa",porque é unha historia moi real e que pasou na realidade que vivimos, fai solo uns poucos anos.
Esperamos que para o ano que ben se volva a facer.
Publicar un comentario