8 feb 2010

55 MENTIRAS...

O pasado venres 5 de xaneiro, a plataforma Prolingua presentou a súa 1ª publicación: 55 mentiras... un libro moi interesante no que se desmenten 55 falacias sobre a lingua galega moi espalladas entre a cidadanía. O libro presentouse de xeito simultáneo en 69 lugares; de maneira que, no mesmo momento, unhas 5000 persoas falaban en galego e do galego en vilas tan distintas coma Lisboa ou Melide, Londres ou Cotobade, A Coruña ou Copenhague...
A continuación deixamos unha presentación abreviada con 20 desas mentiras, unha mostra "resumida" do contido do libro.Pero se desexas ampliar esta información non tes máis que entrar na páxina web de prolingua ( mesmo podes sumarte á plataforma, se coincides cos seus obxectivos!)





2 comentarios:

Carme dijo...

A resposta á pregunta é tan obvia para algúns de nós, que non entendemos que poida haber outras respostas.
E eu por que o falo? E que vou falar se non?

Carme dijo...

Recomendo o libro, aínda que só sexa para dármonos conta da cantidade de estereotipos e ideas preconcebidas que seguen circulando sobre a lingua galega. Ás veces, o tema da lingua parécese moito a outros temas que tamén implican prexuízos e que son tan difíciles de desterrar (xenofobia, machismo...) non se recoñecen os prexuízos socialmente, pero a realidade mostra que existen.