11 abr 2010

VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO XOGO TRADICIONAL "BRINQUEDOS"

Como xa sabedes, un dos obxectivos fixados polo ENDL é a conservación e promoción do noso patrimonio inmaterial e , para acadalo, programamos- xunto co Departamento de Educación Física- unha visita ao concello da Capela. Fomos o pasado día 9 as alumnas e alumnos de 1º de ESO e abofé que aproveitamos a mañá.
Primeiro visitamos o Museo Etnográfico: unha magnífica colección de útiles, ferramentas, apeiros e obxectos que recrean, nunha fermosa rectoral rehabilitada, a vida cotiá labrega doutros tempos. Moi interesantes as explicacións sobre oficios e ocupacións case esquecidas: os traballos do liño, da lá, da malla, dos zoqueiros, dos follateiros, dos xastres, das tecelás...
Logo fomos para o CEIP Mosteiro de Caaveiro onde disfrutamos practicando unha serie de xogos tradicionais- tamén cotiáns noutros tempos e hoxe en semi-abandono- no espazo que este colexio creou hai uns anos como Centro de Interpretación do Xogo Tradicional. Unha mañá de sol perfecta para xogar, para aprender e sobre todo, para non esquecer.



4 comentarios:

Marta e Icia 1ªA dijo...

Pasámolo moi ben, no museo explicaronos como vivia a xente hai moios anos ,que facian para non aburrirse no inverno...
Gustounos máis o colexio onde xogamos a diversos xogos con rapaces maís pequenos que nós pero simpáticos.
Os xogos eran case todos coñecidos.
O único que nos agobiou foi a calor.

JAVIER dijo...

Pasámolo moi ben,porque aprendimos bastantes cousas sobre como se vivia na antiguedade.Por outra parte aprendimos moitos mais xogos dos que sabiamos.O mestre que nos explicou na casa museo era moi divertido e explicounos moi ben.

Marcos, David, Sergio dijo...

As visitas foron moi entretidas, a que máis nos gustou foi a do museo Etnográfico de A Capela aínda que a do colexio tamén estivo ben.A David o xogo que máis lle gustou foi o dos birlos, a Sergio e a Marcos tamén. Os rapaces eran moi simpáticos menos a dos saltos que bueno, cabreouse un pouco con Marcos.En difinitiva a visita está moi ben, recomendaríamoslla a todo o mundo.

kevyn dijo...

Na excursión aprendimos moito, o aro foi o que menos me gustou e o que màis as lombas.