10 ene 2011

VISITA DE ANXO FARIÑA




Hoxe os alumnos e alumnas de primeiro tiveron a fortuna de disfrutar da compañía de Anxo Fariña; a fortuna de aprender con el algunhas técnicas da ilustración e os principios básicos para a creación dunha historia.
A visita de Anxo Fariña encádrase dentro do programa Bocaberta, co que a Secretaría Xeral de Política Lingüística busca promover o uso do galego entre os rapaces e rapazas de 3 a 18 anos, e conta coa colaboración do Concello de Abegondo.
Era unha visita ben agardada, pois o alumnado de primeiro, que leu o 1º libro dos Megatoxos no trimestre pasado, estaba desexando coñecer o creador deses superheores cos que tanto disfrutaron.

Varios alumnos comentaron ao final do obradoiro, ante as cámaras da TVG que viñeron gravalos, que a mellor conclusión que sacaron é que, con interese e imaxinación, é doado crear a túa propia historia e que calquera obxecto, por miúdo e insignificante que sexa, pode transformarse en obxecto artístico.
Quen sabe...!Quizais das aulas de 1º saian historias ou personaxes que cheguen a ver a luz!!

2 comentarios:

Sara dijo...

E xenial que o pasamos! ten que volver algún día! :)

Anxo Fariña dijo...

Ola a todos e todas.
Foi un pracer visitar o voso centro e facervos partícipes das historias dos Megatoxos.

Non esquezades ler e crear! Vós tamén podedes.
Vémonos en www.megatoxos.com

Unha aperta, Anxo Fariña.