19 feb 2011

BANCO DE PALABRAS

Hoxe, 21 de febreiro, presentamos o vídeo "Banco de palabras" realizado polo EDL. O obxectivo que nos guiou foi a recollida daquelas palabras polas que temos especial querenza, porque llas escoitamos a nosos avós, a nosos pais, a algún veciño... e que non queremos que se perdan. Pensamos que así, compartíndoas, é a única forma de salvalas.
A actividade tivo unha estupenda acollida entre a comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente... e agardamos que teña continuidade, que poidamos gravar máis volumes, que xuntemos un lote de palabras que logo espallaremos para que recuperen o uso que, nós pensamos, merecen.

Untitled from Equipo Normalización Viós on Vimeo.

7 comentarios:

OriOri dijo...

Que boas cousas se fan en Viós!. Que estupendo volver a veros. Mugardos vos fará seguimento, de momento xa vos poderán ver no blog de orientación GPS ORORI.

UNHA APERTA MOI FORTE PARA OS COMPAÑEIROS/AS E O ALUMNADO!!

Anónimo dijo...

As miñas felicitacións. Quedouvos fantástico!
Que teña continuación depende de tod@s nos e para que así sexa e non se perda, aí vai unha pequena aportación.
De nena cando me poñía mimosa, a miña avoa sempre dicía: "canto meiró tes"
Un saúdo
Marina

VIbliOS dijo...

É fantástico!!! realmente gústanos moito. Xa temos algunhas palabras que está a salvo. E agora que empezamos non podemos deixar sen recoller moitas outras que, sabemos, van desaparecer.
Mans á obra, hai moito traballo que facer.

Sandra dijo...

Que bonito é, tendes que seguir facendo máis bancos.

nieves dijo...

A curtametraxe máis valiosa e entrañable que vin! Grazas polo
voso traballo!

laura dijo...

que orixinal!!

Guada dijo...

Que ganas de invertir no voso banco ao que lle auguro unha gran riqueza.Búlenme moitas palabras pola cabeza, vese que son moi avariciosa, pero que ganas de invertir!!!!