13 mar 2011

MERCEDES PEÓN, SOS

O pasado venres, 11 de marzo, Mercedes Peón presentou no Teatro Colón da Coruña, o seu último traballo: SOS, un disco "impactante", diferente, máxico, difícil de etiquetar. En SOS, Mercedes Peón expresa, nas súas palabras, unha chea de "emocións, sensacións e reivindicacións" dun xeito novo na música galega, que fai que traspase as fronteiras e a faga universal. Compróbao!

1 comentario:

unha fan fanática dijo...

Quen a escoite cantar en directo non o esquece nunca,ela sempre orgullosa do galego e eu orgullosa de tela a ela.