14 mar 2011

RECURSOS PARA A APRENDIZAXE

Como estas semanas o alumnado de 1º e 2º estades estudando os Prexuízos Lingüísticos, o Departamento de galego déixavos aquí estes vídeos que os explican clarísimamente: non quedan dúbidas!.


5 comentarios:

Sara Parga 1ºB dijo...

Sorprendeume a frase da rapaza negra "Non importa a túa cor so como es por dentro" deviríamos tomar este exemplo... e non como dixo Marta,que por certo pareceume un pouco ignorante o seu comentario,"será" e "xear" non é un signo de "brutalidade" penso que ese tipo de xente non sabe apreciar ben o que ten,deviría tomar exemplo da súa compañeira mallorquina,as dúas teñen interese pola nosa lingua pero en cambio só unha a despreza,o máis impatante é que a que despreza a lingua é a galega.
O sorprendente ao final,cando lle preguntan a nena negra:"Cal é a boneca que parece má?" e esta sinala a boneca negra,entón a muller que lle pregunta dille: "pódesme dar a boneca que se parece a ti" a rapaza negra confusa primeiro colle a boneca branca,pero despois decídese pola negra,iso é un xesto que ocorre en todas partes xudgamos pola aparecía,e creo que iso non está ben.
Un saúdo.

Lucía Tudó Souza dijo...

Ola! Non entendín todo o que dicían no vídeo, pero sei que relacionaron bastante ben estes dous casos, a cor da pel e o idioma que fales, porque nos dous casos ocurre o mesmo, de non querer a alguén porque é ou fala diferente lingua que ti, e vese ben que o racismo non é únicamente pola cor da túa pel, tamén polo idioma que fales. Aínda por riba, Marta, sendo da propia Galicia, desprece desa maneira a súa propia lingua e á xente que a fala. Iso foi algo que pareceume moi mal, pero polo menos, perece que no vídeo di que ela xa recapacitou.
Un saúdo.

Equipo de Normalización dijo...

Ola, Sara! Sempre atenta!! Que ben que o vídeo che levase a esas reflexións: era o que pretendiamos! A que se entende perfectamente o que é un prexuízo? A ver se entre todos somos quen de acabar con eles!.

Unknown dijo...

O vídeo que compara os prexuízos co racismo está moi ben feito, pero o importante é centrarse no vídeo orixinal da concursante de Gran Hermano. Dá a impresión de que é a mallorquina quen máis quere protexer á lingua galega. Non sei como a galega pode xulgar á xente por como fale unha lingua que ela nin sequera a sabe falar, como di anteriormente. O seseo e a gheada é algo propio dalgunhas zonas de Galicia en non parece máis nin menos bruto nin se asocia directamente coa xente ignorante. Non hai linguas ignorantes, hai persoas ignorantes (aínda que aquí a única ignorante é ela)
Adeus!

Guada dijo...

Ola a tod@s , saúdavos Guada. Nós en San Marcos tamén pensamos tratalo tema e non o fixemos por ter un público moi noviño para entender Gran Hermano (se é que alguén o entende), pero xa sabía eu que en Viós iades darlle un enfoque interesante. Encantoume.Noraboa ao equipo por non perder a oportunidade de ofrecer outra mirada á nosa mocidade. Bikiños