24 nov 2009

Linguas Cruzadas


Recomendámosvos que lle botedes un ollo a este vídeo, un documental que nos dá unha boa idea da situación actual da lingua galega entre a xuventude.

FLORES E ESPIÑAS

Abrimos unha nova sección Flores e Espiñas na que imos dar parabéns a todas as iniciativas que axuden á normalización da nosa lingua, pero tamén denunciaremos aqueloutras que supoñen menosprezo para a mesma.
Flores que ben merece Balduíno Montesino- profesor canario con destino no IES de Viós dende hai tres meses- polo respecto e valoración que mostra polo galego, polo tesón co que se enfronta ao seu estudo para acadar unha competencia plena, por non relegala a un uso litúrxico , de obrigado cumprimento, por ser quen de apreciar a emoción que provoca a lectura de Se o vello Simbad volvese ás illas
Espiñas as que merece un xuíz de Alcorcón que nun auto xudicial ameaza con retirarlle a custodia das súas fillas a unha nai de Vigo por, entre outras cousas, telas escolarizado en galego, unha lingua, di o maxistrado, sen "utilidade práctica" fóra de Galicia.
En palabras do portavoz da familia: A sentenza volve a unha España cunha soa lingua e tres dialectos.

18 nov 2009

Sumamos todos


Deixámosvos aquí dous enlaces de plataformas con intencións normalizadoras, creadas por cidadáns preocupados polo actual estado da nosa lingua. Podes consultalas e, se coincides cos seus obxectivos, asinar os manifestos. Accede a elas premendo nas imaxes.