Mostrando entradas con la etiqueta Multimedia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Multimedia. Mostrar todas las entradas

27 jun 2011

DESDE A USC ANÍMANNOS A SEGUIR...OU A EMPEZAR!

Marchamos de vacacións, pero queremos deixarvos aquí uns vídeos de Núñez Singala que nos fan reflexionar e non esquecer... Feliz verán!!

24 feb 2010

SEGUIMOS EN CAMPAÑA !

Temos outro vídeo máis elaborado pola Coordinadora Galega de Equipos de Normalización dentro da campaña Orgullos@s do galego.
Esta vez, unha moza galega e un mozo brasileiro que se coñeceron en Nova York e que non tiveron problema para entenderse, porque o galego si ten utilidade.


23 feb 2010

NOVA CAMPAÑA EN DEFENSA DA LINGUA

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización acaba de editar unha campaña en defensa da lingua, un vídeo para o que prestaron as súas voces actores e actrices como Luís Tosar, Martiño Rivas, Belén Regueira, María Castro... músicos como Susana Seivane... voces que mostran o seu orgullo de ser 100 % galegos.

5 feb 2010

EU VERSUS YO

Eu versus yo (2005) é un documental de Roberto Conde e Iago García no que se fai unha análise da situación social da lingua galega a través de entrevistas e imaxes de arquivo.

Na fita participan, entre outros, Carlos Callón (Presidente da Mesa), Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura Galega) Bernardo Penabade (AGAL), Víctor Freixanes (director de Galaxia), Antón Costa (AS-PG), Xosé Luis Barreiro Rivas (politólogo), Delfín Caseiro (profesor de ensino secundario), Carme Hermida (lingüista), Clara Castilla (xornalista). Tamén se inclúen pasaxes da obra teatral Bicos con lingua, de Talía Teatro.

Pica aquí para visionalo.

24 nov 2009

Linguas Cruzadas


Recomendámosvos que lle botedes un ollo a este vídeo, un documental que nos dá unha boa idea da situación actual da lingua galega entre a xuventude.

8 sept 2009


Flocos.tv é unha excelente páxina web posta en funcionamento pola Axenda Audiovisual Galega, onde podes disfrutar dunha grande cantidade de curtas e filmes relacionados co mundo cinematográfico galego, cunha calidade moito maior da habitual nos portais de internet. Accede a ela pinchando na imaxe e bótalle unha ollada, paga a pena!