
Visitamos o blog de Xoán Andrade e atopamos unhas pingas de humor gráfico- e crítico - que queremos compartir contigo. Escollemos unha das que tratan o tema da lingua, pero se queres ver máis... pica no enlace:
Atopamos este chiste no blog da Silva que nos fixo tanta graza, que queremos compartilo convosco. Hai que tomar con humor- para non desesperar- os deslices lingüísticos e atentados toponímicos das nosas autoridades, que, no canto de velar pola normalización e a corrección que o seu posto implica, cometen sen rubor as máis grandes aberracións.PARA NAVEGANTES GALEGO FALANTES!
Se es dos ou das que navegan por internet para ver que traen as redes, que saibas que os galegos xa temos o noso propio “twitter” co nome de latri.ca. Ademais de ser moi semellante ao twitter que xa coñecemos, incorpora algunhas novidades: amplía o número de caracteres que podes publicar, dos 140 do twitter aos 200; permite formar grupos, e por suposto, a información fundamentalmente vira ao redor de Galiza e da nosa cultura .Podes enviar mensaxes, fotos e vídeo a calquera! É doado atopar e conectarse con outras persoas para falar con eles e facer un seguimento das súas actualizacións. Todo isto cun contorno sinxelo é Latri.ca.