O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística pon en marcha unha campaña para visibilizar o apoio a nivel individual ao proceso de normalización da lingua galega da comunidade educativa do IES de Viós.
Así, animados pola tenrura e a solidariedade cos máis desfavorecidos propias do Nadal, queremos provocar unha reflexión esperanzadora sobre a necesidade e fomento da nosa lingua en distintos sectores.
Imos montar unha árbore de nadal seca de savia, mais cos nosos mellores desexos para o galego en forma de minipostais, posicionarémonos a prol do fomento da lingua. Coas nosas mensaxes positivas, encheremos o 2013 de novo zume normalizador.

Anímate! Pensa nun desexo, redacta a túa tarxeta, decóraa ao teu gusto... Nós colgarémola da árbore e, se ao xurado lle parece a máis orixinal, creativa e normalizadora... PREMIO!!

Xa está posto en marcha o concurso de microrrelatos Amoriños collín... que organizamos entre o EDL e o Departamento de Lingua Galega. A estas alturas, todos debedes saber que é e que non é un microrrelato e coñecedes as bases do concurso, expostas nos corredores,só queda animarvos a participar. Lembrade que o prazo para depositalos na urna - na biblioteca-remata o mércores 8. Os microrrelatos presentados estarán expostos no espazo da lingua do vestíbulo. Animádevos!! Ten premio!!