Atopamos este chiste no blog da Silva que nos fixo tanta graza, que queremos compartilo convosco. Hai que tomar con humor- para non desesperar- os deslices lingüísticos e atentados toponímicos das nosas autoridades, que, no canto de velar pola normalización e a corrección que o seu posto implica, cometen sen rubor as máis grandes aberracións.12 mar 2010
DESVÁN DE LOS MONJES
Atopamos este chiste no blog da Silva que nos fixo tanta graza, que queremos compartilo convosco. Hai que tomar con humor- para non desesperar- os deslices lingüísticos e atentados toponímicos das nosas autoridades, que, no canto de velar pola normalización e a corrección que o seu posto implica, cometen sen rubor as máis grandes aberracións.9 mar 2010
REDES SOCIAIS
PARA NAVEGANTES GALEGO FALANTES!
Se es dos ou das que navegan por internet para ver que traen as redes, que saibas que os galegos xa temos o noso propio “twitter” co nome de latri.ca. Ademais de ser moi semellante ao twitter que xa coñecemos, incorpora algunhas novidades: amplía o número de caracteres que podes publicar, dos 140 do twitter aos 200; permite formar grupos, e por suposto, a información fundamentalmente vira ao redor de Galiza e da nosa cultura .Podes enviar mensaxes, fotos e vídeo a calquera! É doado atopar e conectarse con outras persoas para falar con eles e facer un seguimento das súas actualizacións. Todo isto cun contorno sinxelo é Latri.ca.
24 feb 2010
SEGUIMOS EN CAMPAÑA !
23 feb 2010
NOVA CAMPAÑA EN DEFENSA DA LINGUA
10 ANOS DE BOLETÍN DO ENDL

10 feb 2010
E TI, POR QUE O FALAS?
Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galiza, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.
8 feb 2010
55 MENTIRAS...
O pasado venres 5 de xaneiro, a plataforma Prolingua presentou a súa 1ª publicación: 55 mentiras... un libro moi interesante no que se desmenten 55 falacias sobre a lingua galega moi espalladas entre a cidadanía. O libro presentouse de xeito simultáneo en 69 lugares; de maneira que, no mesmo momento, unhas 5000 persoas falaban en galego e do galego en vilas tan distintas coma Lisboa ou Melide, Londres ou Cotobade, A Coruña ou Copenhague...5 feb 2010
EU VERSUS YO
Na fita participan, entre outros, Carlos Callón (Presidente da Mesa), Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura Galega) Bernardo Penabade (AGAL), Víctor Freixanes (director de Galaxia), Antón Costa (AS-PG), Xosé Luis Barreiro Rivas (politólogo), Delfín Caseiro (profesor de ensino secundario), Carme Hermida (lingüista), Clara Castilla (xornalista). Tamén se inclúen pasaxes da obra teatral Bicos con lingua, de Talía Teatro.
Pica aquí para visionalo.
3 feb 2010
Presentación simultánea do libro "55 mentiras sobre a lingua galega"

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.
Para máis información, podes consultar a súa páxina:
1 feb 2010
FLORES E ESPIÑAS

As flores son para esa boa parte da cidadanía galega, miles de cidadáns que non permanecen á marxe das decisións políticas que lles afectan, que son quen de pórse en contacto, de unirse, de crear colectivos ou plataformas ( Prolinguagalega, Queremos galego...) para defender un obxectivo común: a nosa lingua.