Desde hoxe, e ata fin de mes, contamos no centro coa exposición A paz, cuestión de fondo. Serviranos de base para conmemorar o día 30 de xaneiro o Día Internacional da Paz. A exposición , organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, chega a nós grazas ao Concello de Abegondo. A mostra está formada por 16 cartaces, cada un deles con dúas ilustracións realizadas por 16 artistas de diferentes países que nos fan reflexionar a través das súas ilustracións sobre os prexuízos existentes arredor do racismo, da guerra, das desigualdades sociais... Segundo os seus organizadores, a exposición propón verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporáanea, que serve de repaso á realidade actual e tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.16 ene 2012
A paz, cuestión de fondo
Desde hoxe, e ata fin de mes, contamos no centro coa exposición A paz, cuestión de fondo. Serviranos de base para conmemorar o día 30 de xaneiro o Día Internacional da Paz. A exposición , organizada polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, chega a nós grazas ao Concello de Abegondo. A mostra está formada por 16 cartaces, cada un deles con dúas ilustracións realizadas por 16 artistas de diferentes países que nos fan reflexionar a través das súas ilustracións sobre os prexuízos existentes arredor do racismo, da guerra, das desigualdades sociais... Segundo os seus organizadores, a exposición propón verdades en miniatura que retratan a sociedade contemporáanea, que serve de repaso á realidade actual e tamén como punto de debate cargado de sátira e ironía para amosar a cruenta realidade.21 dic 2011
20 dic 2011
O Valedor do Pobo e a lingua propia de Galicia
Recollemos aquí o posicionamento da Coordinadora Galega de Equipos de Dinamización Lingüística ante a resolución tomada polo Valedor do Pobo na que solicita a retirada dun libro de texto de Educación Primaria. E recollémola tal cual porque, como EDL do IES de Viós subscribimos cada unha das súas palabras: non podiamos dicilo nin máis claro, nin máis forte, nin mellor.
19 dic 2011
REGALA GALEGO

17 dic 2011
AGASALLA GALEGO
Agasalla en galego! Aquí tes algunhas ideas que A MESA reúne nun catálogo para axudarche na túa procura: Son produtos en galego e produtos de empresas que traballan en galego. Outra forma máis de dinamizar a lingua dentro do ámbito empresarial.
7 dic 2011
FINAL DO CONTRASINAL
Rematamos o noso concurso do CONTRASINAL. Unha mágoa, a verdade! Xa nos afixeramos a que, con cada recreo, chegase a hora de escoitar aos nosos compañeiros e compañeiras, de velos actuar competindo por ser a parella que máis palabras acertaba, a que menos castelanismos empregaba, a que era capaz de cazalos nun voo e corrixilos segundo "escapaban" das súas bocas...en fin, competindo por acadar unha vitoria que, a medida que nos aproximabamos á final, era máis difícil de conseguir.
No Equipo de Dinamización Lingüística quedamos máis que satisfeitos: moi satisfeitos. Non esperabamos que o concurso tivese tan boa acollida. Era realmente un pracer ver a sala chea cada recreo. A final foi ben emocionante e ben reñida. Gañou a parella formada por Álvaro e Sabela, do grupo de 3º bilingüe, pero a diferenza coa parella que representaba a 1º A , Lorena e Clara, foi certamente escasa.
Sen dúbida, un concurso que lembraremos, tanto polo ben que nolo fixeron pasar, como polo que con eles aprendemos!
28 nov 2011
CONTRASINAL
Rematada a 1ª fase do concurso do Contrasinal, pasan a semifinais as seguintes parellas:
- Adrián e Carlos de 4º
- Álvaro e Sabela de 3º
- Iago e Alexandre de 2º
- Clara e Lorena de 1º
Estade atentos ao cartaz do corredor onde vos iremos avisando das datas de cada unha das quendas. O mércores 30 continuamos! Non faltedes: a competición vai gañando emoción conforme nos imos achegando á final.
18 nov 2011
CONTRASINAL
LEMBRADE! O próximo luns 21, no recreo e na aula de usos múltiples, terá lugar a primeira fase do concurso CONTRASINAL que organiza o EDL xunto co Departamento de Galego. Unha vez seleccionadas as parellas que representarán a cada clase, a primeira quenda correspóndelles aos dous grupos de 4º. Tedes no corredor o cartaz coas bases, coas regras e co marcador para que poidades seguir a competición.
Non faltedes! Promete ser entretido!!
3 nov 2011
RECURSOS PARA A APRENDIZAXE
Unha novidade nesta sección: coa chegada de Fátima Ruibal ao Departamento de Galego chegou tamén o seu blog: GALEGOparaTIc .Un blog ben completo en recursos de todo tipo, con moitas posibilidades de exercicios e actividades interactivas que Fátima vai actualizando en función dos contidos que se están a traballar nas aulas.
Así que, aí vos "desviamos". Picade no enlace e tedes acceso directo.
28 oct 2011
CUNQUEIRO, tamén no cinema

Este venres estréase Sinbad nos cinemas galegos. É unha adaptación da obra de Cunqueiro dirixida por Antón Dobao e protagonizada por Xosé Olveira "Pico",no papel de Sinbad e Sara Casanovas, Luís Zahera ou Antonio Durán "Morris", entre outros actores e actrices.
Sinbad, extraordinario fabulador, conta as súas viaxes pasadas, reais ou non, aos seus compañeiros diarios de café e dominó na taberna. O dono desta, Mansur, é viúvo e tén unha filla preadolescente, Sara. Sinbad mantén con ela unha relación moi afectuosa. Acompáñaa ás veces á escola e apréndelle cousas do mar e das estrelas. Sara é a mellor receptora de todos os contos que narra Sinbad. Historia baseada na novela de Álvaro Cunqueiro Si o vello Sinbad volvese ás illas. Iniciouse a rodaxe o 9/5/2011e estréase nas salas comerciais o 28/10/2011 (6 salas en VO galego). A súa estrea na CRTVG está prevista para decembro de 2011.
Xa sabedes, aproveitade! Non hai moitas ocasións de ver cine en galego!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


