
21 dic 2010
18 dic 2010
FELICES FESTAS!
REGALEMOS GALEGO

2 dic 2010
RÚA AIRE
De todos xeitos, no Forum Metropolitano, moi amablemente, resérvannos as entradas para a 1ª obra que sexa axeitada para nós, así que, non desesperedes...sen teatro non imos quedar!
Xa sabemos que non é consolo pero queremos deixarvos aquí un vídeo para, polo menos, ter unha idea do interesante traballo de O Retrete de Dorian Grey.
26 nov 2010
PREMIO FERNÁNDEZ-LATORRE A MÉNDEZ FERRÍN

RECURSOS PARA A APRENDIZAXE
RECURSOS PARA A APRENDIZAXE
25 nov 2010
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
19 nov 2010
POLO SAN MARTIÑO...
11 nov 2010
DÍA DO PEÓN

3 nov 2010
DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

2 nov 2010
PALABRAS ENCADEADAS

26 oct 2010
DE VOLTA!

7 jun 2010
O CONSELLO ESCOLAR REXEITA O NOVO DECRETO

O Consello Escolar do IES de Viós , na reunión do pasado 4 de xuño, acordou por unanimidade manifestar o seu rexeitamento do Decreto de plurilingüismo no ensino por considerar que:
- Empeórase a, xa de por si deficiente, competencia lingüística en galego.
- Impídese a tarefa normalizadora do profesorado.
- Desvalorízase a función docente e a súa profesionalidade.
- Socava a autoridade do profesorado ao lanzar ao alumnado a idea de que o profesorado fai o que decide a familia, mentres que o alumnado decide ao seu antollo.
- Abre a porta a numerosos conflitos nos centros, que antes da aplicacaión desta norma non existían.
- É unha norma contraria ao consenso parlamentario do Plan de Normalización Lingüística aprobado por unanimidade polo Parlamento de Galicia no 2004.
27 may 2010
QUE VAI SUPOÑER O NOVO DECRETO?
6 may 2010
PASOU O DÍA, PASOU A ROMARÍA
Total: que non paramos.
Nos corredores do Instituto seguen colgadas as dúas exposicións:
- A dos Boletíns do ENDL dende 1999
- A dos cartaces de Uxío Novoneyra enviada por Política Lingüística
29 abr 2010
FESTA RACHADA!!!

Así que, veña, aí vai o programa de actividades:
- BANCO DE PALABRAS: Cos tempos que corren, tes medo pola sorte que poden correr as túas palabra s, esas que recordas con especial agarimo e xa non te fías de que alguén mire por elas? ESQUÉCETE: O Banco de Palabras do ENDL de Viós ofréceche a mellor garantía para o futuro das túas palabras; somos líderes en conservación, connosco as túas palabras están nas mellores mans ( e sen custo algún para o depositante). Vai pensando cales son as máis valiosas para ti e nós ofrecémosche a seguranza da súa conservación.
- Do 3 ao 7 de maio: Exposición dos Boletíns do ENDL na entrada do IES.
- Martes 4 de maio: Presentación na biblioteca ás 11,30 hs. "Dez anos de Boletín do ENDL"
- Mércores 5 de maio: Festa das Letras Galegas, organizada polos alumnos de Obradoiro de iniciativas emprendedoras co horario seguinte:
- De 9 a 11,25 hs: Clase normal.
- 11,25 hs: Entrega do número especial do BNDL curso 2009-2010, coa colaboración especial na súa elaboración de ex-alumnos e ex-profes do Centro.
- De 11,30 hs. a 12 hs: recreo.
- 12 hs: Grupo Migallas co espectáculo O cantante e as mulleres.
- 13,30 hs: Preparación do xantar.
- 14 hs: Xantar campestre.
- 15,15 hs. Proxección do filme Os mortos van ás présas.
- 16,45 hs: DJ
- 17.50 hs: Recollemos e " pa casiña, que son horas"
23 abr 2010
UXÍO NOVONEYRA: LIÑAS DO TEMPO
20 abr 2010
UXÍO NOVONEYRA NA REDE
Entrade e disfrutade!
11 abr 2010
VISITA AO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO XOGO TRADICIONAL "BRINQUEDOS"
26 mar 2010
HUMOR GRÁFICO
17 mar 2010
MÁIS SOBRE TOPONIMIA

12 mar 2010
DESVÁN DE LOS MONJES

9 mar 2010
REDES SOCIAIS
PARA NAVEGANTES GALEGO FALANTES!
Se es dos ou das que navegan por internet para ver que traen as redes, que saibas que os galegos xa temos o noso propio “twitter” co nome de latri.ca. Ademais de ser moi semellante ao twitter que xa coñecemos, incorpora algunhas novidades: amplía o número de caracteres que podes publicar, dos 140 do twitter aos 200; permite formar grupos, e por suposto, a información fundamentalmente vira ao redor de Galiza e da nosa cultura .Podes enviar mensaxes, fotos e vídeo a calquera! É doado atopar e conectarse con outras persoas para falar con eles e facer un seguimento das súas actualizacións. Todo isto cun contorno sinxelo é Latri.ca.
24 feb 2010
SEGUIMOS EN CAMPAÑA !
23 feb 2010
NOVA CAMPAÑA EN DEFENSA DA LINGUA
10 ANOS DE BOLETÍN DO ENDL

10 feb 2010
E TI, POR QUE O FALAS?
Durante algo máis dunha hora, Daria percorre lugares como pubs, facultades ou medios de comunicación para coñecer esas historias, palabras e sentimentos de Galiza, contadas tanto por galegos de nacemento como de adopción.
8 feb 2010
55 MENTIRAS...

5 feb 2010
EU VERSUS YO
Na fita participan, entre outros, Carlos Callón (Presidente da Mesa), Ramón Villares (Presidente do Consello da Cultura Galega) Bernardo Penabade (AGAL), Víctor Freixanes (director de Galaxia), Antón Costa (AS-PG), Xosé Luis Barreiro Rivas (politólogo), Delfín Caseiro (profesor de ensino secundario), Carme Hermida (lingüista), Clara Castilla (xornalista). Tamén se inclúen pasaxes da obra teatral Bicos con lingua, de Talía Teatro.
Pica aquí para visionalo.
3 feb 2010
Presentación simultánea do libro "55 mentiras sobre a lingua galega"

A plataforma a prol da defensa e promoción da lingua galega ProLingua presentará o próximo venres 5 de febreiro a súa primeira publicación titulada 55 mentiras sobre a lingua galega, coordinada polo profesor da Universidade de Vigo Xosé-Henrique Costas.
Esta publicación pretende ser un argumentario sinxelo e clarificador, ao tempo que sólido e rigoroso, que axude a sociedade galega a comprender e superar aquelas valoracións e interpretacións subxectivas, ideoloxizadas desde unha óptica exclusivamente partidista, erróneas ou perversas que perseguen o obxectivo de actuaren de freo ao camiño da necesaria reposición e normalización de usos para a lingua galega no seo da súa sociedade.
Para máis información, podes consultar a súa páxina:
1 feb 2010
FLORES E ESPIÑAS

As flores son para esa boa parte da cidadanía galega, miles de cidadáns que non permanecen á marxe das decisións políticas que lles afectan, que son quen de pórse en contacto, de unirse, de crear colectivos ou plataformas ( Prolinguagalega, Queremos galego...) para defender un obxectivo común: a nosa lingua.
29 ene 2010
25 ene 2010
19 ene 2010
DECRETAZO
