19 ene 2010

DECRETAZO


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Viós tampouco non DÁ CRETO ao que está a ocorrer co galego. A quen lle molesta tanto a nosa lingua? A quen ofende? Quen sofre no seu propio territorio a descriminación senón os galego-falantes? Por que se teme tanto avanzar nunha suposta normalización lingüística? Como non nos indignamos todos cando se poñen no mesmo plano unha lingua allea, por moi internacional que sexa, coa nosa propia lingua?
A RAG vén de presentar o documento que cuestiona mesmo a legalidade do decreto que se quere levar adiante. Podedes acceder a este documento picando aquí.

1 comentario:

Lucía Gándara dijo...

A min paréceme que toda secundaria debería facer folga porque a min aínda que non falo moito o galego gústame pero desenvolvome mellor en castelán. Aínda así penso que non deben cambiar nada porque levamos toda a vida estudando algunhas materias en galego e non poden facer que agora cambiemos!!!