12 feb 2011

POR QUE AS BOLBORETAS SE VOLVEN "MARIPOSAS"?

Por que non llo dis en galego?
por que non che vale quérote?
Por que non lle fas garatuxas ou aloumiños?
Por que non lle roubas un bico?
Por que non lle mandas unha aperta?
Por que non sentes bolboretas no estómago?
Preguntas coma estas facémonos estes días no Equipo de Dinamización Lingüística, logo de observar, con moita tristura-todo hai que dicilo-, que de 80 alumnos e alumnas que participaron con entusiasmo na actividade "O Correo do amor" deseñada pola Biblioteca do centro, só 2 escolleron o galego para escribir as súas mensaxes amorosas. Mesmo os que teñen o galego como lingua habitual, cambiaron de lingua para manifestarlle a alguén a súa estima ou o seu amor. Por que?

6 comentarios:

Marta 2ºB dijo...

Hola Teresa! Eu opino que só dous alumnos escribiron en galego, porque ao resto; sí, eu entre eles, temos metida na cabeza a idea de que os nosos sentimentos quedan mellor escritos en castelán. É unha pena que de tanta xente do centro que falamos galego, a nadie se nos pasara pola cabeza escribir a nosa mensaxe en galego, xa que, é un idioma que está quedando no olvido e deberíamos sentirnos orgullosos de falar galego, porque somos de Galicia e esa é a nosa lingua.
Aínda que pode que as mensaxes foran escritas en castelán, porque ahora os rapaces só falamos galego cos amigos de confianza, bueno, máis ben cos do centro. Pero en cambio, cando se trata dun amigo de Betanzos, Coruña, etc., temos a certeza de que quedaremos mellor con eles falando castelán, de que non nos quedará mellor, e que como eles falan castelán, nos tamén debemos.
Polo menos, isto é o que penso dende o meu punto de vista, todos facemos o mesmo, aínda que non nos decatemos.
Bueno, espero que para a próxima actividade que fagamos, elixamos o galego, eu polo menos, fareino.

Un saúdo!

Equipo de Normalización dijo...

Agradezo o teu comentario, Marta, sobre todo, porque é esperanzador.É importante, cando menos, que reflexionemos coas cousas que están pasando coa lingua, é o primeiro paso para que cambien.

Lucía Tudó Souza dijo...

Hola! Eu, a dicir verdade, fun unha das que escribiu os seus sentimentos en castelán, pero agora dinme conta de que é moito máis doado expresalos en galego. Non sei por que, quizais sexa porque o galego é unha lingua que ten palabras e expresións coas que as cousas sáenche moito máis naturais e máis bonitas, que no castelán, polo contrario, soan moi normais, aburridas, repetitivas...
Tendo unha lingua tan especial, por que non aproveitala?
Cada día decátome de que todos deberiamos falar máis o galego, e así, poder extendelo.

Sara Parga 1ºB dijo...

Ola Teresa,eu penso que isto deviría cambiar;viaxemos anos atrás na época de mozos dos nosos avós,non tiñan clases de galego,pero aínda así falábano moi amenudo e en cambio agora temos clases de galego e non o falamos tanto,eu só falo galego na casa e cunhas cantas amigas,pero porque a elas fálanlles galego na casa,pero con algunhas,sen darme conta,falo castelán porque elas o fan,pero se eu lles falo galego a elas nunca cambian de castelán a galego,sempre o fago eu,supoño que é porque case todo o instituto pensamos que por falar castelán es máis "importante",sabendo que o galego é un dos idiomas máis bonitos do latín.
Estou completamente de acordo co comentario de Lucía,o galego é unha lingua moi bonita e as palabras se as falas sáenche soas,como se che quixesen escapar da boca;deberíamos falar máis o galego,sobre todo nos institutos porque estamos acostumados a oír e falar castelán entre compañeiros e profesores,e aínda que so fose un chisquiño,cambiar todo iso,e o ano que ben,eu incluída,intentar sorprender a toda a escola coas mensaxes en galego.
Un Saúdo.

Lucia Corral 1ºb dijo...

Hola Teresa:
A verdade é que eu “habitualmente” falo galego pero como ben dixo a miña compañeira Sara Parga, a metade das miñas compañeiras falan galego e temos que acabar falando a lingua que elas falan. Eu tamén teño que confesar que fun unha das que comentou os meus sentimentos en castelán, verdadeiramente non sei porque, pero creo que foi por que a quen lle dirixin a mensaxe foi a unha persoa que fala castelán.
Como ven dixeches na clase as rapazas e rapaces de agora non falan galego(bueno a maioría deles non falan) e é unha verdadeira pena que esta lingua se perda así por sí, xa que é unha lingua das máis bonitas que hai e como dixen antes, eu falo esta lingua por iso, por que é bonita e é moi cómodo utilizala, xa que non ten dificultade ningunha.
Desexo que esta mensaxe que che mando a ti tamén a poidan ver os demáis rapaces e rapazas do instituto para que empezamos a falala e non a poñamos en “perigo de extinción”
Un saúdo:
Lucia Corral 1ºb

Almudena dijo...

ola! Eu creo que a xente non fala nin escribe en galego por medo a trabucarse,eu son desas persoas.
Estou de acordo có comentario da miña compañeira Sara, eu son unha desas persoas culpables,por así
dicilo,de que cando eu estou a falar con ela teña que cambia do galego ao castelán.Eu non falo galego porque na miña casa non o falan e a maioría das miñas amigas tampouco,entón mais cá nada meu corazón estaba en castelán por esa razón.

Agradezo o seu tempo de leer este comentario.

Un saudo.