10 may 2011
LETRAS VIVAS: YOLANDA CASTAÑO EN VIÓS
"Para min, a maior sorpresa foi comprobar todos os medios que temos ao noso alcance para expresar os nosos sentimentos poéticos, sen limitarnos a un papel en branco"
Sara Uzal
"A poesía de Yolanda Castaño é distinta e moi contemporánea. Usa un vocabulario rebuscado, por veces tétrico, expresivo e con palabras que transmiten moita beleza. Os videoclips que montou coa poesía, non só transmiten sentimentos a través da palabra, senón tamén a través da imaxe"
Cristina Barreiro
"Gustoume a maneira de representar os poemas cos vídeos que, iso si, teñen un toque sinistro; gustoume a súa voz tranquila e a riqueza do seu vocabulario"
Sabela Patiño
"Pareceume unha actividade distinta e entretida. Yolanda inspirábame unha gran confianza e admirei o seu gran talento. Tamén me convenceu para escribir máis, e non só narración: un poema pode dicir moito en moi pouco espazo. O seu estilo pareceume moi diferente e moi ampla a temática que agochan os seus poemas."
Aroa Facal
A Sara Uzal quedáronlle ganas de ver máis videopoemas de Yolanda Castaño, así que, para ti, Sara:
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Foi un bo recital de poemas de Yolanda Castaño e aparte é unha boa persona
A dirección do centro quere agradecer ao alumnado do IES de Viós o interese amosado por esta actividade e felicitalos polo seu espléndido comportamento durante o recital de poesía.
Son cousas así as que nos animan a seguir pensando, organizando e desenvolvendo actividades convosco.
Grazas
Publicar un comentario