25 ene 2010

Trilingüismo Harmónico?


19 ene 2010

DECRETAZO


O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Viós tampouco non DÁ CRETO ao que está a ocorrer co galego. A quen lle molesta tanto a nosa lingua? A quen ofende? Quen sofre no seu propio territorio a descriminación senón os galego-falantes? Por que se teme tanto avanzar nunha suposta normalización lingüística? Como non nos indignamos todos cando se poñen no mesmo plano unha lingua allea, por moi internacional que sexa, coa nosa propia lingua?
A RAG vén de presentar o documento que cuestiona mesmo a legalidade do decreto que se quere levar adiante. Podedes acceder a este documento picando aquí.

18 ene 2010

Novo decreto
Como xa sabedes, o pasado 30 de decembro o goberno galego presentou as chamadas “Bases para a elaboración do decreto do plurilingüismo no ensino non universitario”, unha proposta para regular as linguas vehiculares.
O ENDL do IES de Melide elaborou un esquema moi claro cos aspectos fundamentais destas bases. Colgámolas aquí por se queres enterarte mellor ou aclarar dúbidas sobre os cambios que supón con respecto ao Decreto actual.
Tamén deixamos un enlace no que podes ler a primeira análise que destas bases fai a Coordenadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística, da que este ENDL forma parte.
A plataforma Queremos Galego convoca unha folga para o día 21 de xaneiro para parar este novo decreto.

18 dic 2009

FELICES FESTAS PARA TODOS!!

15 dic 2009

REGALEMOS GALEGO 2009


Catálogo “Regalemos Galego 2009”
O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do CPI Vicente Otero Valcárcel de
Carral (A Coruña) publica por segundo ano un catálogo de agasallos de Nadal en galego.
Parécenos unha estupenda iniciativa pois, aínda que pareza mentira, o galego non está nin moito menos normalizado nos espazos de ocio, na música, nos programas informáticos ou nas redes sociais nas que se move a mocidade galega.
É moi difícil atopar xoguetes, bonecas, consolas...nos que o galego estea presente; noutros é máis doado: libros, música, roupa...pero estes produtos carecen da publicidade necesaria por parte das superficies comerciais e teñen, polo tanto,pouca visibilidade social.
Asi que, é de agradecer o traballo feito no CPI Vicente Otero Valcárcel de Carral.
Podes consultalo pinchando aquí.

9 dic 2009

Se premes na imaxe que aparece máis abaixo, atoparás unha escolma de contos de medo recollidos polos alumnos e alumnas do IES. Atréveste? Disfrutarás da aventura!

Aquí queda un "remedio" que Sechu Sende propón para os males que aqueixan á nosa lingua neste tempo de inverno. Pincha neste enlace para ler o documento.

24 nov 2009

Linguas Cruzadas


Recomendámosvos que lle botedes un ollo a este vídeo, un documental que nos dá unha boa idea da situación actual da lingua galega entre a xuventude.

FLORES E ESPIÑAS

Abrimos unha nova sección Flores e Espiñas na que imos dar parabéns a todas as iniciativas que axuden á normalización da nosa lingua, pero tamén denunciaremos aqueloutras que supoñen menosprezo para a mesma.
Flores que ben merece Balduíno Montesino- profesor canario con destino no IES de Viós dende hai tres meses- polo respecto e valoración que mostra polo galego, polo tesón co que se enfronta ao seu estudo para acadar unha competencia plena, por non relegala a un uso litúrxico , de obrigado cumprimento, por ser quen de apreciar a emoción que provoca a lectura de Se o vello Simbad volvese ás illas
Espiñas as que merece un xuíz de Alcorcón que nun auto xudicial ameaza con retirarlle a custodia das súas fillas a unha nai de Vigo por, entre outras cousas, telas escolarizado en galego, unha lingua, di o maxistrado, sen "utilidade práctica" fóra de Galicia.
En palabras do portavoz da familia: A sentenza volve a unha España cunha soa lingua e tres dialectos.

18 nov 2009

Sumamos todos


Deixámosvos aquí dous enlaces de plataformas con intencións normalizadoras, creadas por cidadáns preocupados polo actual estado da nosa lingua. Podes consultalas e, se coincides cos seus obxectivos, asinar os manifestos. Accede a elas premendo nas imaxes.